ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Xornadas galego-portuguesas sobre a...

Do 02-12-2017 ao 03-12-2017

Xornadas galego-portuguesas sobre a eucaliptización e os incendios

A fin de semana do 2-3 de decembro, Cousa de Raíces, ADEGA, e a Asociaçao Treze Catorze, en colaboración con Quercus, o Colectivo Matogueira e o Concello de Salceda de Caselas, organizan as “I Jornadas galego-portuguesas contra a eucaliptizaçao e os incéndios” en Salceda de Caselas.

Trátase do primeiro encontro de reflexión entre a sociedade lusa e galega, unidas pola mesmo catástrofe forestal e incendiaria, e coa intención de apostar conxuntamente polo bosque caducifolio e por unha nova política florestal máis sostible.

Inclúese nestas xornadas unha mesa de discusión das estratexias futuras da rede a prol do bosque galego “Cousa de Raíces” e unha charla sobre a Iniciativa Lexislativa Popular que se presentou no Parlamento Galego para fomentar un cambio de política forestal.
O domingo, realizaranse dúas actividades de recoñecemento de diversidade (“Bioblitz”) nun bosque autóctono e nun eucaliptal.

A entrada será libre e de balde. 

Máis info: silvia@adega.gal / +34 981 570 099

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal