ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / ADEGA e o Campus do Mar organizan a VI Limpeza...

11-11-2017

ADEGA e o Campus do Mar organizan a VI Limpeza simultánea de praias

ADEGA e o Campus do Mar, a través do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo, organizan unha Limpeza Simultánea de praias para a fin de semana do 11 de novembro. Con esta convocatoria ADEGA dá continuidade ás limpezas realizadas dende o ano 2012, ás que se suma a colaboración do Campus do Mar, entidade de referencia no estudo e divulgación dos ecosistemas mariños e litorais.

Nestes últimos anos sumáronse centos de persoas ás limpezas de praias. Este ano serán máis dunha ducia de praias nas que haberá algunha actividade de limpeza, e nas que participarán entidades de moi diversa índole como centros de ensino, asociacións ecoloxistas ou concellos. O obxectivo é claro: dar a coñecer a problemática ambiental do lixo mariño que afecta a todos os mares e océanos do planeta.

As limpezas de praias son actos simbólicos, nos que non se debe ver ao voluntariado como man de obra barata para deixar limpos os areais. Son actividades de concienciación e educación ambiental que permiten que a cidadanía coñeza a problemática dos residuos mariños, a súa procedencia e os impactos que causan, así como avaliar cales son as medidas que cada un de nós pode desenvolver para minimizar este problema.

Nesta edición ADEGA e o Campus do Mar repartirán un novo protocolo de limpeza de praias entre as persoas participantes na xornada no cal se explica de xeito sinxelo cales son os pasos a seguir antes, durante e despois da actuación, para realizar unha limpeza ecolóxica. Ademais, na actividade farase fincapé noutros aspectos importantes dos ecosistemas litorais que deben ser coñecidos por todos os voluntarios e voluntarias participantes, como son a presenza de algas invasoras ou especies ameazadas.

Ribadeo, Foz, Ferrol, Muxía, Carballo, Fisterra, Muros, Porto do Son, Rianxo, Ogrobe, Moaña, Nigrán, Baiona... son algúns dos concellos nos que se realizarán as limpezas.

Información e inscricións

As Catedrais (Ribadeo)
Concello de Ribadeo. Sábado 11. Encontro no aparcadoiro das Catedrais. 15h. Contacto; ADEGA-Lugo (686118722; adegalugo@adega.gal)

As Pólas (Foz)
Concello de Foz, parroquia de cangas de Foz. Sábado 11 de 11 a 13:30h. Punto de encontro na mesma praia. Contacto: XEBRA! Asociaçom; 607446274; ethnea@hotmail.com

Caranza (Ferrol)
Concello de Ferrol. Sábado 11. Encontro na mesma praia, 12h. Organiza: ADEGA-Ferrolterra (698135225: mikelwho1970@gmail.com)

Sada (Sada)
Concello de Sada. Domingo 12. Encontro no bar "A Terraza", 11h. Contacto: ADEGA-Coruña, 660859493; babor6@gmail.com

Baldaio (Carballo)
Concello de Carballo. Sábado 11. Encontro no aparcadoiro das Saíñas. 11h. Contacto: SENDA NOVA (611037617; asociacion@sendanova.org)

Os Muíños (Muxía)
Concello de Muxía. Sábado 11. Encontro ao carón da pista deportiva. 11h.  Contacto: ADEGA (616238050; ramses@adega.gal)

Langosteira (Fisterra)
Concello de Fisterra. Venres 10. IES Fin do Camiño

Area Maior (Muros)
Concello de Muros. Sábado 11. Punto de encontro na escola de surf. 11:30h. Contacto: CENTRO VITALIA (652134359; nuk.lopez@gmail.com)

As Furnas (Porto do Son)
Porto do Son. Sábado 11. Encontro bar As Furnas (Xuño), 11h. Contacto: ADEGA (661993406; adega@adega.gal)

Tanxil (Rianxo)
Concello de Rianxo. Sábado 11. Encontro no aparcadoiro da praia. 11h. Contacto: ADEGA (627628194; pacobanhobre@adega.gal)

Area da Cruz (O Grove)
Concello de O Grove. Venres 10. IES As Bizocas

Arnado (Moaña)
Concello de Moaña. Sábado 11. Encontro no cartaz informativo (S. Bartolameu), 10:30h. Contacto: campusmar@uvigo.es; 986130000

Panxón (Nigrán)
Concello de Nigrán. Sábado 11. Encontro ao carón do pavillón municipal, 11h. Contacto: 986348734; comunicacion@nigran.org

Ladeira (Baiona)
Concello de Baiona. Sábado 11. Encontro na cafetaría Ladeira, 10:30h. Contacto: campusmar@uvigo.es; 986130000

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal