ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Inspección de outono do río Lagar...

Do 25-10-2017 ao 24-10-2017

Inspección de outono do río Lagar na UDC

PROXECTO RÍOS: Inspección do río Lagar, campus de Elviña

Data: 25 outubro 2017, 12 h
Punto de encontro: Porta Fac. Economía e Empresa
Imparte: Proxecto Ríos - ADEGA
Prazas limitadas. Inscricións en: oma3@udc.es

O PROXECTO RÍOS é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos ríos de Galiza. Fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos por parte de persoas ou grupos voluntarios a nivel local, co obxectivo final de facerse responsables da vixilancia do río que pasa polo seu municipio ou localidade.

Estas inspeccións realízanse dúas veces ao ano, primavera e outono, en base á metodoloxía e materiais de apoio proporcionados polo Proxecto Ríos (www.proxectorios.org). É unha oportunidade para coñecer esta metodoloxía e aprender como protexer e desfrutar dos ríos, e un primeiro paso para crear un grupo autónomo de protección dos ríos.

Estudaremos o treito do río do Lagar situado entre o Edificio de Servizos Centrais de Investigación e a Facultade de Economía e Empresas. O río do Lagar nace nos montes da Zapateira e aliméntase de mananciais procedentes co Monte da Fraga e os campus da Zapateira e Elviña.

Organizado pola Oficina de Medio Ambiente da UDC, coa colaboración do Concello de A Coruña.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal