ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Mostra do posible en Cangas

Do 07-10-2017 ao 08-10-2017

Mostra do posible en Cangas

A Mostra do Posible de Cangas do Morrazo é un encontro de colectivos da economía social e movementos sociais mediante o que se pretende visibilizar as alternativas existentes que permiten construír entre todas un mundo máis xusto. Terá lugar os días 7 e 8 de outubro de 2017.

Por unha banda, as empresas de economía solidaria están confecionando potentes ferramentas de transformación colectiva. A economía solidaria fai posible que hoxe en día podamos satisfacer parte das nosas necesidades cotiás contribuíndo a creación dun mundo máis xusto e solidario.

Por outro lado, os movementos sociais  defenden que outro tipo de políticas públicas é posible, e que podemos influír na toma de decisións sobre o que é de todas. Ademais, nos movementos sociais reside a creatividade e a experiencia de outros xeitos de organización colectiva.

ADEGA participa nunha palestra o sábado 7 ás 18:45 sobre a situación ambiental en Galiza.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal