ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Saída para a identificación de...

26-07-2017

Saída para a identificación de especies invasoras en Allariz

Actividade “Unha Invasión Silenciosa. A Biodiversidade Baixo Ameaza” Saída para recoñecemento de especies invasoras                

ADEGA editou a exposición “Unha Invasión Silenciosa. A Biodiversidade Baixo Ameaza” sobre a problemática das especies exóticas invasoras para divulgar a incidencia destas especies sobre o medio natural galego.    

A exposición é itinerante e permanece en diferentes concellos de toda Galiza por un período de 15 días. Acompañando a exposición, dende ADEGA, realízase unha actividade que consiste nunha visita guiada pola propia exposición e unha identificación de flora e fauna invasora pola contorna.

Ten como obxectivo que os/as asistentes recoñezan as diferentes especies de EEI máis frecuentes que se poden atopar, así como as problemáticas que xeneran. Dende o 10 ao 26 de xullo  a exposición está en Allariz no Parque Etnográfico do Río Arnoia.

Como actividade complementaria á exposición o mércores 26 de xullo realizarase unha saída para o recoñecemento e inventario de especies exóticas invasoras.
A actividade é aberta e o punto do encontró será o Parque etnográfico do río Arnoia.
O horario da saída é de 12.00 a 14.00H.  

Esta iniciativa e conta coa colaboración da Dirección Xeral de Patrimonio Natural e o apoio do concello de Allariz.

Máis información:  
www.adega.gal
Ramsés Pérez Rodríguez
ramses@adega.gal 9
81 57 00 99 / 616 23 80 50

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal