ADEGA

Inicio / Axenda / Almanaque / Manifestación en Compostela contra a lei...

25-06-2017

Manifestación en Compostela contra a lei de protección animal

Comunicado das organizacións convocantes

CONVOCATORIA DE MANIFESTACIÓNS DO GRUPO DE PROTECTORAS, SANTUARIOS E GRUPOS DE DEFENSA E PROTECCIÓN ANIMAL DE GALICIA CONTRA O PROXECTO DE LEI DE PROTECCIÓN E BENESTAR DE ANIMAIS DE COMPAÑÍA

Despois de diferentes actuacións, de xuntanzas cos grupos parlamentarios, con responsables políticxs e con persoal técnico; esgotadas as vías oficialistas para intentar paralizar este terrible Proxecto de Lei de Protección e Benestar de Animais de Compañía que o actual goberno do PP de Galicia pretende aprobar, CONTINUAMOS A NOSA LOITA DESDE O ESCENARIO ONDE SEMPRE NOS TOCOU ACTUAR: NAS RÚAS.

Somos xa 33 colectivos de defensa animal adheridos ao comunicado inicial quenes imos ENCHER AS RÚAS COA VOZ DOS SEN VOZ, COS BERROS DOS ANIMAIS.
Baixo o lema “D.E.P. PROTECCIÓN ANIMAL EN GALICIA. O ABANDONO É UNHA LACRA, NON UN LUCRO", percorreremos primeiro as rúas de Vigo (domingo 18/06/2017 ás 12h no cruce de Urzáiz con Via Norte) e remataremos a peregrinaxe en Santiago de Compostela este domingo (día 25/06/2017 ás 12h na Alameda), deixando as nosas pegadas de rexeitamento ao exterminio e negocio cos animais.
Non nos imos quedar paradas vendo como utilizan o diñeiro público para negociar e organizar un moderno holocausto animal.

E solidarizámonos e SUMÁMONOS Á LOITA DAS NOSAS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS DA CAM (Madrid), que berran conosco ao unísono, NON á DES-PROTECCIÓN ANIMAL.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal