ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Obradoiros de Economía sostible no fogar...

Do 29-10-2013 ao 30-10-2013

Obradoiros de Economía sostible no fogar en Viveiro

Obradoiros

Os 29 e 30 de outubro ADEGA impartirá varios obradoiros de "Economía sostible no fogar", na Sala Multiusos do concello de Viveiro, de 17 a 19 horas. Os cursos están organizados e financiados pola Deputación de Lugo, polo que serán de balde.

Estes obradoiros para adultos/as tentarán achegarnos a diversas formas de promover a reciclaxe de residuos ou produtos no fogar, de xeito que axudamos ao medio ambiente e ademais aforramos na nosa economía doméstica.

Cada sesión acollerá un máximo de 20 participantes, e durará 2 horas nas que se impartirán 2 obradoiros.

Reserva praza

Para poder participar nestes obradoiros é preciso inscribirse na páxina web da Deputación de Lugo: http://www.deputacionlugo.org/formulariosDeputacion/terrasmino_riorato13.html

Nesta ligazón, escolle a opción "Economía sostible no fogar Viveiro, Sala Multiusos do Concello 29 e 30/Out/17h-19h“ e cumprimenta o  formulario cos teus datos.

*Nota:
A reserva aplicarase a dous días consecutivos de talleres.

OBRADOIROS:

  • Martes, 29 de outubro: Elaboración de produtos de limpeza e biodiésel no fogar.
  • Mércores, 30 de outubro: Elaboración de cestas de papel e cosmética natural.
Para máis información sobre as reservas: Deputación (982227812).
Para máis información sobre os obradoiros: ADEGA-Lugo (982240299).


Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal