ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / XIII Encontro de Voluntariado do Proxecto...

Do 16-06-2017 ao 17-06-2017 / 16 e 17 de xuño de 2017

XIII Encontro de Voluntariado do Proxecto Ríos

Un ano máis celebramos o Encontro de Voluntariado do Proxecto Ríos. Serán os días 16 e 17 de xuño de 2017 nas ribeiras e sobreiral do río Arnego. Este ano 2017 continuaremos realizando unha de descuberta de biodiversidade, tamén coñecida como Bioblitz. Nesta actividade, os asistentes, organizados en pequenos grupos, percorrerán treitos do río para coñecer máis de cerca os tesouros naturais que agochan os cursos fluviais. O venres pola noite estará adicado á captura e identificación de morcegos. O sábado cada grupo se dedicará a buscar e fotografar especies de flora e fauna coa finalidade de identificalas, ben no momento, ben ao regreso da saída co asesoramento de expertos/as e guías de campo. Con esta actividade queremos divulgar a biodiversidade que vive nos nosos ríos.
Pódese consultar a crónica do Bioblitz de 2016 no río Sor.
Podes anotarte nos teléfonos:
981 57 00 99 / 616 238 050
ou no e-mail: pacobanhobre@adega.gal
Anímate a Participar!!

Programa:

VENRES 16 DE XUÑO:
18.30h Os morcegos como bioindicadores do ecosistema fluvial. Xosé Pardavila. SOREX. O Casino (2º andar). Lalín.
20.30h Mostraxe de morcegos no río Arnego. Area de lecer de Carmoega.

SÁBADO 17 DE XUÑO
10.30h Área Recreativa de Carmoega. Descuberta de biodiversidade.
14.00h
Xantar nas parcelas custodiadas por ADEGA.
16.00h Inspección do río Arnego.
18.00h
Posta en común e remate da descuberta de biodiversidade.

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal