ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Eliminación de especies invasoras nas...

21-05-2017

Eliminación de especies invasoras nas microrreservas de Fisterra

O programa de conservación das microrreservas de Fisterra coa participación do voluntariado desenvólvese entre decembro de 2016 e xuño de 2017. O domingo 21 de maio continuarán os labores de erradicación de flora exótica invasora presente tanto no Rostro como en mar de Fóra.

O Concello de Fisterra recibiu unha axuda da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, cofinanciada co FEADER, no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) 2014-2020, centrada na creación dunha rede de microreservas de flora, como mecanismo para a conservación de hábitats prioritarios ou de interese comunitario, fomentando a participación activa da poboación local.

As Microreservas de Flora propostas polo Concello de Fisterra, pretenden ser un modelo pioneiro de actuacións que sirva de referencia para futuros proxectos no ámbito litoral da Rede Natura 2000 na Galicia costeira. As actuacións están dirixidas de forma preferente a preservar hábitats prioritarios ou de interese comunitario e  contempla várias liñas de actuación.  

A actividade é gratuíta. Se estás interesado/a en participar, haberá que anotarse contactando no teléfone 650261283 / 981570099 ou por correo electrónico: viqui@adega.gal    

Nas distintas actividades a realizar, participarán activamente membros de ADEGA ADEGA e membros do Grupo de Investigación da Universidade de Santiago de Compostela BCPV (GI-1291) “Biodiversidade e Conservación de Plantas Vasculares” liderado polo Dr. Santiago Ortiz.

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal