ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Compostaxe e hortas en espiral na Coruña

20-05-2017

Compostaxe e hortas en espiral na Coruña

Na Coruña, en cpolaboración co colectivo Loairas

Que facer cos residuos orgánicos que xeras en casa? Por que non empregas ese pequeno espazo do teu balcón ou terraza para cultivar? Opcións ecolóxicas, sinxelas e revolucionarias. Aprenderás como transformar os teus residuos orgánicos en fertilizante natural para que a túa horta ou xardín urbano florezan de maneira sustentable.

Tamén descubrirás como poñer en marcha unha horta en espiral de herbas medicinais e aromáticas de forma sinxela.

Dirixido a:
todas aquelas persoas con interese de xestionar os residuos orgánicos mediante a compostaxe caseira e comunitaria e tamén, de aprender a reproducir e cultivar as súas propias plantas aromáticas, medicinais e culinarias. Non é necesario ter coñecementos previos. A partires de 18 anos.

Qué precisas: roupa para mancharse e luvas.

Facilitadores/as:María R. Lafuente, de Asociación ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) e Rubén Escuredo.

    • Datas: 20 de Maio
    • Horario: de 11 a 14 horas
    • Actividade: en grupo, gratuita
    • Participantes: 12
    • Lugar: zona verde (ver mapa).
    • Claves: crear, compartir, natureza, reflexión
En caso de choiva, instalaranse unhos toldos para a realización da actividade.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal