ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Exposición sobre as especies...

Do 15-05-2017 ao 25-05-2017

Exposición sobre as especies exóticas invasoras e a súa problemática en Lalín

Este 15 de maio e até o día 25 deste mes estará no Café Casino de Lalín a exposición sobre especies exóticas invasoras "UNHA INVASIÓN SILENCIOSA. A BIODIVERSIDADE BAIXO AMEAZA". A Plataforma Salvemos Catasós fixo de anfitrioa desta exposición.

A exposición recolle en trece paneis diferentes aspectos relacionados coa problemática das especies exóticas invasoras. Que son?, cal é a súa orixe e que implica unha bioinvasión, así como, os principais ecosistemas afectados e as especies máis comíns e algunas cuestión que podemos facer para atallar este problema.

A introducción de especies invasoras é na actualidade un dos principais factores de ameaza para a biodiversidade a nível planetario. ADEGA ten realizado nos últimos anos numerosas actuacións de divulgación sobre esta problemática así como numerosas actuacións de eliminación de flora exótica invasora en diferentes espazos naturais galegos.

A exposición realizada por ADEGA contou co finaciamento da Dirección xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia ao abeiro do convenio entre estas duas entidades nas que se realizaron tamén numerosas actuacións de eliminación de flora exótica invasora que continuarán neste ano 2016.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal