ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Obradoiro "Coñece o teu entorno"...

28-10-2013

Obradoiro "Coñece o teu entorno" para escolares de Viveiro

Obradoiro

Por medio deste obradoiro que leva o nome de “Coñece o teu entorno”, ADEGA ofreceralles aos escolares participantes de Viveiro unha visión valorizadora do seu contorno máis inmediato co obxectivo de suscitar debates sobre a importancia das nosas accións como cidadáns individuais no mantemento, protección e posta en valor do seu pobo.

O obradoiro estará organizado e financiado pola Deputación de Lugo, polo que será de balde. Será impartido por ADEGA o luns, 28 de outubro, no Salón Multiusos do concello, de 17 a 19 horas.

Aínda quedan prazas! Pódense inscribir a esta actividade nenos e nenas de 6 a 12 anos, no formulario que aparece na seguinte ligazón do web da Deputación:
http://www.deputacionlugo.org/formulariosDeputacion/terrasmino_riorato13.html

Nesta ligazón, escolle "Coñece o teu contorno Viveiro, Sala Multiusos do Concello 28/Out/17h-19h“ e cumprimenta o  formulario.

Para máis información sobre as reservas: Deputación (982227812).
Para máis información sobre os obradoiros: ADEGA-Lugo (982240299).






Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal