ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / A normativa dos plantíos de eucalipto a...

21-04-2017

A normativa dos plantíos de eucalipto a debate en Viveiro

O Colectivo Pensamento e Sementeira convidou a ADEGA a participar nun debate sobre a normativa dos plantíos de eucalipto que terá lugar o vindeiro venres, 21 de abril, ás 20.30 horas, na Biblioteca da Viveiro (Lugo). Por ADEGA participará a bióloga Adela Figueroa. Da outra parte, participará Ramón Reimunde, presidente da asociación de propietarios forestais PROMAGAL. Moderará o debate o xornalista Xavier R. Lombardero.

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal