ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Palestra sobre a factura eléctrica na UDC

04-04-2017

Palestra sobre a factura eléctrica na UDC

Nos últimos meses abrimos os xornais, as redes sociais e acendemos os televisores e case sempre unha das noticias é relativa á factura da luz. Uns din que se hai moitos impostos, outros que se non chove ou fai pouco vento, outros que hai que pagar débedas… Quen ten a razón? 

Para sacarte de dúbidas, a Oficina de Medio Ambiente, organiza unha charla informativa sobre a factura da luz e todo o que rodea ao mercado eléctrico no noso país. 

Teremos o pracer de contar con Xosé Manuel Golpe Acuña, Técnico especialista en Enerxías Renovables e Consultor enerxético en FAEPAC (Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña) que nos dará unha ampla visión sobre o tema. 
Falaremos de distintos puntos que rodean á factura eléctrica: 

  • Descrición dos compoñentes da factura eléctrica doméstica
  • Funcionamento do mercado
  • Peaxes de acceso
  • Sistema de casación diaria "POOL" 
  • A factura en detalle
  • Aforros potenciais
  • Alternativas
Ao rematar a exposición do poñente, abrirase unha quenda para que cada un exprese a súa opinión e así compartir distintos puntos de vista. 

Para poder organizar o lugar da charla, inscribidevos nesta ligazón ou enviade un correo a oma3@udc.es indicando nome e DNI, para poder contabilizar dun xeito aproximado o número de asistentes.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal