ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Xornada de bioconstrución na UDC

28-03-2017

Xornada de bioconstrución na UDC

A construción sustentable é un dos piares básicos contra o cambio climático. Tras o éxito que tivo na convocatoria anterior, a Oficina de Medio Ambiente, volta organizar unha xornada sobre a bioconstrución.

Esta xornada será o próximo día 28 de marzo. Quedaremos no Campus de Elviña, no espazo que hai entre a Casa do Lagar e a Facultade de Informática ás 17h30.

Comezaremos a visita no BANCOB que recibe este nome por ser feito coa técnica COB, que utiliza arxilas, areas, palla e barros.

Alí Marta Salgado, Aparelladora e Víctor González, Arquitecto, membros de ESPIGA (Asociación galega para a Bioconstrución) explicarannos os detalles e principais características da técnica e como se levou a cabo. No proxecto tamén participou Enxeñería Sen Fronteiras.

Dende alí, dirixirémonos ata o CIFP SOMESO para visitar o módulo de bioconstrución, A Vieira, onde recibiremos ampla información por parte do profesor Juan Bello. A Vieira está diseñada mediante criterios bioclimáticos que teñen en conta a orixe dos materiais, sendo en esencia de orixe natural, como palla para o illamento ou barro para os enfoscados e madeira para a estrutura, e criterios enerxéticos como a orientación das aperturas ao exterior para o aproveitamento de enerxía solar. 

http://www.fpconstruccionsostenible.org/construccion-de-un-modulo-experimental-bioclimatico-para-aplicaciones-docentes/

Para poder organizar ben a actividade, incribídevos nesta ligazón ou en oma3@udc.es 

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal