ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / RoteiRíos 2013 - A Limia

26-10-2013

RoteiRíos 2013 - A Limia

Este 26 de outubro convocamos o Roteirríos de outono, que estará adicado a coñecer diferentes ecosistemas doceacuícolas da comarca limiá. Realizaremos un roteiro polo río Limia, achegándonos a súa biodiversidade.

Coñeceremos tamén unha iniciativa de restauración realizada nunha das areeiras de Sandiás. A visita será guiada polo biólogo e restaurador de ecosistemas Diego R. Vieites (Verdegaia).

Programa da Xornada


10.30 Encontro en Xinzo de Limia (Estación de autobuses)

11.00 Comezo do roteiro na Ponte da Rúa (Rairiz/Porqueira)

14.30 Parada para xantar na carballa da Rocha (A Saínza)

16.00 Visita ás areeiras de Sandiás

17.30 Observación de aves

19.00 Remate da actividade

A actividade, organizada por Proxecto Ríos, está promovida por Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) e Augas de Galicia coa colaboración de Verdegaia.

Podes descargar o cartaz: Roteirrios_Rio_Limia_2013_pdf.pdf. A actividade é gratuita pero é preciso inscribirse.

Para máis info e inscricións: ramses@adega.gal 981 57 00 99

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal