ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Obradoiro de construción de fornos solares...

28-03-2017

Obradoiro de construción de fornos solares na UDC

Como cada primavera, e tralo gran éxito que teñen tido outras xornadas de construción de fornos solares, a Oficina de Medio Ambiente da UDC (OMA) ten o pracer de convidarvos a participar na que se vai celebrar o próximo 28 de marzo no Edificio do LERD (Campus de Elviña). 

O obradoiro de construción de fornos solares estará dirixido por Juan Bello, experto en cociña solar e profesor do departamento de edificación e Obra Civil do SFP de Someso. Comezará ás 11 da mañá, e durante unhas 2 horas, os participantes construirán o seu propio forno solar.
Este obradoiro de fornos solares ten como obxectivo construír fornos solares que serán empregados na vindeira xornada do mes de abril, na que se van presentar todos os fornos á comunidade universitaria e se cociñará neles para demostrar a súa eficiencia.

Para esta actividade, pedimos que se traian caixas de cartón e algún material para cortar, como un cúter para a elaboración do forno. As medidas aproximadas para as caixas son as seguintes 60x60 cm e unha altura entre 25-30cm, e un bo lote de cartón adicional, suficiente para facer o illante.

Para unha mellor organización da actividade, pedimos que vos inscribades no seguinte enderezo oma3@udc.es xa que as prazas son limitadas. 

No seguinte enlace podedes atopar as fotos da edición pasada fotos 

Tamén podes descargar un manual de como facer os fornos para ter unha idea nos seguintes enlaces:
CIFP de Someso: http://www.edu.xunta.es/centros/cifpsomeso/node/770
Revista CERNA de ADEGA: http://www.adega.gal/media/documentos/41-42.pdf

Lembramos que, por acordo entre a OMA e a Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC, todos os estudantes poden obter a acreditación correspondente por ter realizado 15 horas de actividades de voluntariado.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal