ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Asemblea de renovación de Directiva de...

03-02-2017

Asemblea de renovación de Directiva de ADEGA-Lugo

O vindeiro venres, 3 de febreiro, ADEGA-Lugo celebra a súa Asemblea Ordinaria para renovación de Directiva. Sería un pracer contar cos nosos socios e socias da delegación ao longo desta tarde na que falaremos das principais accións de loita nas que estamos, faremos un repaso da nosa actividade no último ano, da situación de socios e de contas. Tamén se abrirá un debate sobre as liñas de traballo estratéxicas para os vindeiros meses.  

ASEMBLEA ORDINARIA DE ADEGA-LUGO / RENOVACIÓN DA DIRECTIVA LOCAL:

Día: Venres, 3 febreiro de 2017.

Lugar: Salón de Actos do Centro Social Uxío Novoneyra (Rúa Quiroga Ballesteros, Lugo).  

Orde do día:
18.00 h: Primeira convocatoria.
18.30 h: Segunda convocatoria.
18.30 h: Informe de contas e socios.
18.45 h: Informe de actividades e liñas futuras de traballo.
19.00 h: Debate.
19.30 h: Elección da nova Xunta Directiva de ADEGA-Lugo.
20.00 h: Proxección do documental “De Cara ao Miño”, de Carme Granxeiro.
20.20 h: Charla-coloquio sobre a proxección e a problemática da minicentral da Fábrica da Luz.
21.15 h: Peche.  

Proxección do documental "De Cara ao Miño"

Ese mesmo día, a partir das 8 da tarde, e como peche da Asemblea, a autora documental Carmen PG Granxeiro proxectará no Salón de Actos do Uxío Novoneyra a súa obra “De Cara ao Miño”, nacida da mobilización social xerada na cidade de Lugo en defensa do Miño e en contra do proxecto hidroeléctrico da Fábrica da Luz, un movemento que se erixiu hai agora un ano coa creación da plataforma “Lugo de Cara ao Miño”, da que forma parte ADEGA. 

A proxección desta obra documental será aberta para todos os públicos.

Máis información sobre a autora e as súas obras:

Facebook: https://www.facebook.com/carmenPGgranxeiro/ 
Twitter; @AnimaVagando 
web: www.carmenpggranxeiro.com  

Agardámoste!

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal