ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Concentración solidaria contra a denuncia...

03-02-2017

Concentración solidaria contra a denuncia penal de INCA

Este venres, 3 de febreiro, a plataforma "Lugo de Cara ao Miño", da que fai parte ADEGA, convoca unha concentración solidaria con Lola, Lois e Miguel, os compañeiros denunciados inxustamente por INCA nos xulgados do penal por supostas coaccións. O acto terá lugar ás 9.30 h. ante os xulgados de Lugo.

A empresa INCA é a adxudicataria da explotación hidroeléctrica da Fábrica da Luz de Lugo. Esta denuncia penal contra tres veciños/as de Lugo non é máis que un intento da mercantil de amilanar e frear as denuncias dos veciños e veciñas luguesas contra este proxecto de grande impacto ambiental para o río Miño e para o espazo natural protexido LIC Parga-Ladra-Támoga. A denuncia ademais é un despropósito, logo de que o Concello de Lugo se vise obrigado a retirar o dique ilegal que invadía o leito do río, ao constatar a ilegalidade da obra executada por Inca, como denunciaron a plataforma e ADEGA.

A vista xudicial, que en principio estaba datada para o pasado 20 de xaneiro, foi adiada para este venres por non se presentaren parte das testemuñas. O xuízo terá lugar nos xulgados de Lugo a partir das 10.00 h da mañá. As persoas que queiran tamén poderán asistir ao xuízo que será público.





Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal