ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Xornada divulgativa sobre o Pedregal de Irimia

22-12-2016

Xornada divulgativa sobre o Pedregal de Irimia

Este xoves, 22 de decembro, ADEGA organiza no Refectorio do Museo Provincial de Lugo ás 20.00 horas a xornada “O valor do Pedregal de Irimia, iniciativas para a súa conservación".

Este foro de discusión, ao que pode acceder o público xeral, consistirá nunha mesa-coloquio na que se afondará na importancia da protección do Pedregal de Irimia, polo seu alto valor patrimonial tanto material como inmaterial, a súa relevancia paisaxística, turística e natural.

As diferentes intervencións irán encamiñadas a por en valor este enclave natural, berce do máis relevante dos ríos da nosa xeografía, o Pai Miño, analizando os riscos e ameazas que pairan sobre o mesmo. 

Os relatores/as do encontro e os temas sobre os que versarán serán:

  • “Iniciativas para a conservación e protección do Pedregal” por Adela Figueroa Panisse, Bióloga e membro de ADEGA. 
  • “O patrimonio inmaterial do Pedregal” por Antonio Reigosa, Escritor e investigador da mitoloxía popular. 
  • “O Pedregal e a súa xeografía” por Francisco Javier López, Profesor da USC, Enxeñeiro agrónomo e Licenciado en Xeografía.  

Polo Pedregal como Monumento Natural

Así mesmo, presentaremos durante o transcurso da xornada o Manifesto pola declaración do Pedregal de Irimia como Monumento Natural. Un manifesto impulsado por ADEGA, a través do cal se está a procurar numerosos apoios entre outras entidades, colectivos e persoas. De feito, durante a xornada haberá follas de sinaturas para asinar pola protección do Pedregal.

A través desta xornada e coa participación de gran parte das asociacións implicadas na defensa e posta en valor do Pedregal de Irimia, queremos buscar e propor novas vías para a súa protección e fomentar un debate construtivo e un intercambio de ideas na busca de fórmulas que permitan a persistencia deste importante espazo.

Un final de conto

A xornada estará amenizada polo artista Lois Pérez que a través da súa actuaciónDe pedras, augas e contosachegará un punto de vista lúdico e humorístico a situación.

ADEGA promove esta xornada dentro da campaña "Ponte no medio. Móvete polo Territorio” e conta co apoio e patrocinio da Deputación Provincial de Lugo.

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal