ADEGA

Inicio / Axenda / Almanaque / Este Nadal, agasalla ecoloxismo!

Do 11-12-2017 ao 07-01-2018

Este Nadal, agasalla ecoloxismo!

ESTE NADAL AGASALLA ECOLOXISMO

As festas do Nadal coinciden co maior pico de consumo anual. Para o ambiente, o que comeza cun venres negro, remata co mes máis escuro do ano: aumenta o desbaldimento de electricidade e de auga, e os excesos pasarán factura á nosa saúde, economía, ambiente...

Se estás pensando en facer agasallos, prioriza a túa creatividade fronte aos produtos de consumo masivo, moitos deles de “baixo custo” que dende outras partes do planeta traen consigo historias de explotación laboral e unha grande pegada ecolóxica. Consume amizade, familia, amor, solidariedade e agasalla ecoloxismo!

COMO PODES AGASALLAR ECOLOXISMO?

Desde ADEGA, propoñémosche sensibilizar a esa persoa coa que che gustaría compartir un mundo xusto e responsábel, facéndoa socia de ADEGA.

Deste xeito, contribuírá ao coidado do medio ambiente galego, apoiando as campañas de sensibilización ambiental e denuncia de atentados ecolóxicos, axudando á conservación dos espazos naturais, da flora e da fauna.

Ademais a persoa asociada recibirá:

  • Carné de asociada durante 1 ano: con descontos en actividades e nos ADEGA Cadernos, quedará subscrita á edición impresa da revista Cerna e de materiais divulgativos, e poderá acceder ao fondo de documentación dispoñible na Asociación.
  • Camisola de benvida algodón orgánico.
  • Última revista Cerna e ADEGA Caderno.
  • Selección de materiais divulgativos de sensibilización ambiental.
PASOS A SEGUIR E CONDICIÓNS:
  • Ingresa a cota anual (48€) na conta: IBAN ES 48 2080 0300 80 3040119852
  • Envia correo-e a adega@adega.gal con:
  • Copia do resgardo de pagamento, indicando nome, apelidos e DI da persoa que queremos facer socia.
  • Datos de interese* (non obrigatorios) da persoa agasallada: data de nacemento, enderezo, profesión, correo-e e teléfone.
  • Dirección postal para o envío. Tamén se poderá recoller no local de ADEGA en Compostela (Trav. dos Basquiños, 9, baixo, 15704 Compostela), deste xeio poderase personalizar o contido da selección de materiais divulgativos e a camisola. ADEGA farase cargo do gasto do envío.
  • Teléfone de contacto.
*En caso que non coñezas algún dato da persoa que queres facer socia, poderao completar ela mesma unha vez que reciba o seu agasallo, incluso se quere cambiar o material que reciba (camisola...) non ten máis que pasar polo local de ADEGA.

E lembra que ADEGA vén de ser declarada de Utilidade Pública mediante ORDE do 24 de marzo de 2017 da Vicepresidencia e consellaría da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Xa que logo, as cuotas e doazóns gozan dunha desgravación do 75% no IRPF, aplicábel a partires do exercicio de 2017. Consulta con administración (981570099) para ampliar información.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal