ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Concentración-protesta contra a entrada...

11-10-2013 / Peirao de Ferrol

Concentración-protesta contra a entrada dun gaseiro á planta ilegal de gas de Mugardos

Concentración contra a entrada de gaseiro na ría de Ferrol

Mañá celébrase unha nova concentración de repulsa pola entrada "ilegal" dun gaseiro cargado con gas natural licuado cara á planta de regasificación de Mugardos. Ás 19 horas, no peirao de Curuxeiras (Ferrol).
Convocada polo Comité Cidadán Emerxencias da Ría de Ferrol. Nestas concentracións adoitan participar membros do propio Comité, membros da Asemblea Cidadá (nos que están ADEGA e outros colectivos) e a cidadanía en xeral, en protesta contra a entrada ilegal de gaseiros á planta de regasificación de Reganosa que é manifestamente ilegal.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal