ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / XIX Xornadas Micolóxicas da...

Do 22-11-2016 ao 26-11-2016 / Do 22 ao 26 de novembro de 2016

XIX Xornadas Micolóxicas da Asociación Liboreiro de Bueu

O Concello de Bueu, en colaboración coa Agrupación Micolóxica Liboreiro e a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, organiza as XIX Xornadas Micolóxicas que se celebrarán do 22 ao 26 de novembro.
O programa  deste ano inclúe catro conferencias, unha exposición acerca dos perigos das especies invasoras e unha demostración gastronómica. As actividades  celebraranse no Centro Social do Mar baixo a organización da Agrupación Micolóxica Liboreiro, Concello de Bueu e Adega entre o 22 e o 26 de novembro.
A apertura destas xornadas será o martes 22 de novembro a cargo de Xulián Alonso, representante da Sociedade Micolóxica Lucus, que falará sobre os cogumelos termófilos ou de tempo cálido.

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal