ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Curso de interpretación do Patrimonio na...

Do 07-11-2016 ao 08-11-2016

Curso de interpretación do Patrimonio na UDC

Os próximos días 7 e 8 de novembro, a OMA (Oficina De Medio Ambiente da UDC) xunto con ADEGA, realizaremos unha presentación dos proxectos de voluntariado ambiental en marcha no Monte da Fraga, no campus da Zapateira da UDC.

Manuel Pimentel profesor de Ciencias da área de Botánica presentará o proxecto Monte da Fraga. A continuación, María Lafuente, membro de ADEGA, presentará as actividades de voluntariado ambiental da OMA.

Coma prato forte das xornadas, Araceli Serantes (Boli) profesora de Educación Ambiental na UDC e socia da AIP (Asoc. Para la interpretación del Patrimonio) impartirá o curso "Interpretación do patrimonio, como poder comunicar unha guía con éxito”.  Terá lugar un obradoiro para o deseño dunha rota con paneis interpretativos para o Monte da Fraga.

Para participar nestas xornadas, é necesario inscribirse no e-mail: oma3@udc.es xa que as prazas son limitadas.

Para calquera dúbida no tocante as actividades ou calquera outra cuestión, podes porte en contacto a través das distintas redes sociais como son Twitter OMA, na nosa páxina de Facebook ou seguindo o blogue da OMA.

Lugar: Salón de actos da Facultade de Ciencias da UDC (Campus da Zapateira)
Horario:
luns 7 e martes 8 de 16:00 a 18:30 Inscrición: oma3@udc.es

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal