ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Charcas con Vida pon en marcha o inventario de...

03-11-2016

Charcas con Vida pon en marcha o inventario de charcas de Compostela

As charcas son ecosistemas de grande valor ecolóxico e beneficiosos ademáis de ser lugares fermosos e cun elevado valor sociocultural, educativo e para a investigación.  

As charcas son na actualidade uns dos hábitats máis ameazados debido ao seu descoñcemento e falta de regulación destes ambientes. Aterramentos, especies invasoras, lixo, etc, son algún problemas concretos que as ameazan.

As charcas atópanse distribuidas por todo tipo de ecosistemas, e moitas delas teñen orixe antrópica, como fontes, bebedeiros, pozas de rego, etc.  Nas vilas e cidades así como na contorna destas hai multitude de charcas que teñen as mesmas amezas ou aínda máis que as de outros lugares debido a multitude de intraestruturas que se construen nas vilas e cidades.

Dende Charcas con vida, promovida por ADEGA, imos comezar un inventario de charcas e pequenos humedais en Santiago de Compostela coa intención de saber cantas hai, onde están e cal é a biodiversidade que acollen así como as suas amezas, e non caso de que o precisen, as actuacións que habería que levar adiante para recuperalas.
A primeira das saídas será o vindeiro xoves 3 de novembro, dende as 4 ás 7 da tarde e saíremos dende o local de ADEGA.

Se te interesa participar chama ou escribe; 616 23 80 50 ramses@adega.gal

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal