ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / CHAMADA AO VOLUNTARIADO: Varamento masivo de...

Do 07-10-2013 ao 08-10-2013

CHAMADA AO VOLUNTARIADO: Varamento masivo de caldeiróns no porto de Bares

Esta mañán 22 caldeiróns apareceron varados no porto de bares (concello de Mañón, A Coruña). Dende primeiras horas, voluntarios/as e ecoloxistas estamos a tentar manter con vida aos individuos que sobreviviron. Ligade ao 661264255
Dende a CEMMA (Coordenadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños) fan unha chamada ao voluntariado para axudar nos labores de recuperación. Ligade ao 661264255 Luz, resp. voluntariado da CEMMA.

Os varamentos masivos de cetáceos son cada vez máis frecuentes nas nosas costas. desta volta, tratariase do varamento máis numeroso desta especie (caldeirón común ou caldeirón tropical) en Galiza.
Estas especies teñen unha complexa estrutura social caracterizada pola súa forte cohesión, o que motiva que sexan protagonistas de varamentos masivos ao seguir ou perder ao "lider" da manda. Precisamente as primeiras referencias sobre varamentos de cetáceos en Galiza no século XX son informacións sobre varamentos masivos de caldeiróns.

Lamentabelmente, só un 10% dos animais varados conseguen regresar con vida ao océano. No caso de varamentos masivos, a prosibilidade de recuperar máis exemplares é maior. Desafortunadamente, por veces fai falla contar con importantes infraestruturas, maquinaria e persoal para conseguilo.

Facemos un chamado ao voluntariado para axudar nas tarefas de mantemento do soporte vital e recuperación destes caldeiróns. Os/as interesados/as poñédevos en contacto con Luz, a responsábel do voluntariado da CEMMA. Tel.: 661264255

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal