ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / IX Limpeza Simultánea de Ríos

Do 02-10-2016 ao 03-10-2016

IX Limpeza Simultánea de Ríos

A presenza de lixo é unha ameaza constante que sofren os cursos fluviais.
Se a túa entidade, concello, centro de ensino, etc. está interesado en participar nesta nova actuación ponte en contacto con nós: 981 57 00 99 / 619 672 038. Ou a través do e-mail: pacobanhobre@adega.gal
Grazas á colaboración de 54 entidades o pasado ano, retiráronse máis de 13 Tn. de lixo e participaron un total de 691 voluntarias/os de 45 concellos en toda Galicia.
Como en anos anteriores, o Proxecto Ríos editará cartaces divulgativos para cada zona cun teléfono de contacto para que se apunten as persoas que queiran participar e tamén repartiremos as tradicionais camisetas para o voluntariado. MÓLLATE POLOS RÍOS!
Xa se pode consultar o cartaz onde veñen as localidades e entidades que participarán na Limpeza Simultánea de Ríos: Cartaz da Limpeza

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal