ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / MÓVETE POLA RÍA: contra ENCE e a...

04-06-2016

MÓVETE POLA RÍA: contra ENCE e a eucaliptización

Organizacións ecoloxistas, sociais e gremiais convocamos chamámosvos á mobilización en Pontevedra POLA RÍA, CONTRA ENCE E A EUCALIPTIZACIÓN.
A presenza de ENCE condiciona a política forestal galega. Móvete para defende a nosa paisaxe e os nosos ecosistemas.
Vémonos o sábado 4 de xuño ás 19:30 en Pontevedra.

SERVIZO DE BUSES:

-Dende Lugo (organiza ADEGA-Lugo): Saída o día 4 ás 16.00 hs. diante da Facultade de Profesorado de Lugo (antigo Maxisterio), na Avenida de Ramón Ferreiro.

Reserva de praza bus Lugo: 982240299. Prezo: 10€ por persoa.

-Dende Ferrol, pasando pola Coruña e Compostela (organiza ADEGA e a FEG):

  • Ferrol: Saída o día 4 ás 16.00 hs. diante da Oficina de Correos no Cantón de Molíns. Prezo: 10€ por persoa.
  • A Coruña. Saída o día 4 ás 17.00 hs. Praza de Ourense. Prezo: 10€ por persoa.
  • Compostela. Saída o día 4 ás 17.50 hs. San Lázaro (en fronte do MUPEGA).  Prezo: 5€ por persoa.
Reserva de praza: feg@federacionecoloxista.org ou enviando mensaxe ao 691 527 277.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal