ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / XI Campo de voluntariado ambiental no río...

Do 20-05-2016 ao 22-05-2016

XI Campo de voluntariado ambiental no río Tea: loitando contra as especies invasoras do río

O próximo campo de voluntariado ambiental no río Tea terá lugar a fin de semana do 20, 21 e 22 de maio, e dará continuidade aos campos de voluntariado que levan celebrándose dende o 2007.

Durante este tempo temos actuado sobre diferentes especies de invasoras na ribeira do río Tea grazas a axuda de voluntarios e voluntarias. Para a realización destes XI Campos de Voluntariado contamos co financiamento da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

Podes botarlle unha ollada á crónica do pasado campo de voluntariado.

Se queres participar cubre a Inscricion_X_Campo_Tea_2016.doc e envíaa á coordenación do Proxecto Ríos.

Inscricións e máis información: ramses@adega.gal Telf/Fax: 981 57 00 99. Móbil: 619 672 038 / 616 238 050

Podes descarregar o cartaz:XI EEI do Tea. maio 2016.pdf

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal