19-12-2015
ADEGA, coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo, convídavos a todos e todas a participar na cuarta edición do Festival de Humor "Rir, por non chorar" que organiza ADEGA cada ano paraamosar unha visión máis irónica e retranqueira do territorio e do ambiente galego. A actividade enmárcase no proxecto "Cultura e Territorio" que intenta promover a reflexión e o debate sobre a actual xestión territorial e a falla dun ordenamento sostible da casa que habitamos e que se chama Galiza.
Destal volta, serán os artistas Avelino González e Carlos Meixide os encargados de facernos "rir, por non chorar" a través da súa análise burlesca da nosa contorna.
O acto, que está apoiado pola Área de Cultura da Deputación de Lugo, terá lugar o vindeiro sábado, 19 de decembro, ás 20:30 horas, no Salón de actos da Deputación de Lugo (Rúa San Marcos).
Todas aquelas persoas que queiran acceder ao Festival “Rir por non chorar” terán que recoller con antelación os convites na Área de Cultura da Deputación de Lugo (Rúa San Marcos) en horario de 9.00 a 15.00 horas; ou no local de ADEGA-Lugo, en Ronda das Fontiñas 180, Entrechán, en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 18.30 horas.
Non se entregarán máis de 2 entradas por persoa nin se poderán facer reservas por teléfono. Daranse entradas ata esgotar prazas.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal