ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Concentración contra as obras da...

30-11-2015

Concentración contra as obras da fábrica da luz no Miño

Hoxe luns, ás 19.30, ADEGA e outros colectivos lucenses convócante a unha CONCENTRACIÓN en sinal de repulsa das obras autorizadas pola Confederación Hidrográfica para un impactante aproveitamento hidroeléctrico da concesionaria da fábrica da luz.

Desde ADEGA consideramos que estas obras, que se están a realizar nun espazo de máxima protección de Rede Natura, van en contra da protección ambiental do río e da súa contorna, poñen en perigo varias especies protexidas e non supoñen ningún tipo de beneficio social ou público para a cidadanía de Lugo, senón todo o contrario.  

Convidámoste a reclamar con nós o cumprimento da lexislación ambiental e a paralización inmediata destas obras no río Miño! 

Agardámoste hoxe ás 19.30 diante da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (Ronda Muralla, 131, en Lugo).

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal