ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Concentracións de apoio ás medidas...

Do 28-11-2015 ao 29-11-2015 / Ferrol dia 28 , Coruña dia 29;ás 12 hs. Praza do Concello

Concentracións de apoio ás medidas contra o cambio climático na cumbre de París

Documento concentración convocada en Ferrol.
O Goberno de Ferrol, a través da concellería de Medio Ambiente
, ven de sumarse a concentración convocada polo movemento ecoloxista da comarca (ADEGA, Sociedade Galega Hª Natural, Verdegaia,,Greenpeace , AA.VV,Club Montaña,.. )e participará nunha concentración este sábado 28 a mediodía (12:00 hroas) nas escadas do Concello de Ferrol baixo os soportais.   Esta acción reivindicativa a que está chamada todo o tecido asociativo da comarca coincide nas vésperas da celebración, en París, do cumio do cambio climático e vaise desenvolver baixo o lema:  POLO PLANETA, POR TI. UNHA HERDANZA RENOVABLE.   A concelleira de Medio Ambiente, Esther Leira, anima a toda a cidadanía a sumarse este sábado 28 a convocatoria no Concello nas vésperas do cumio (COP21) que vai reunir en París aos representantes de 195 países do 30 ao 10 de decembro para abordar o cambio climático, no contexto actual, logo dos atentados terroristas reivindicados polos Daesh, o autodenominado estado islámico.   Unha das consecuencias destes feitos atroces foi o de cancelar e prohibir  as manifestacións previstas para eses días en París por parte do movemento activista internacional. O COP21 é o cumio onde os estados asinantes da convención marco da ONU sobre cambio climático deben darlle continuidade -ou non- aos acordos asinados en 1992, o chamado Protocolo de Kioto.   Os convocantes desta concentración chaman a atención sobre un asunto que, coidan, é da máxima urxencia polo que e a visibilización das reivindicacións que o substentan tamén o debe ser. O Concello de Ferrol quere contribuir a esta tarefa poñendo a disposición do movemento ecoloxista e asociativo en xeral os medios para poder facerse escoitar nestes momentos xa que é moito o que se xoga o futuro do planeta.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal