ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / VI Xornada da sustentabilidade na UDC

01-12-2015

VI Xornada da sustentabilidade na UDC

O vindeiro 1 de decembro celébrase a VI Xornada de Sustentabilidade na UDC. Un ano máis, gustaríanos invitarvos a participar nas actividades que organiza a OMA (Oficina de Medio Ambiente), en colaboración con ADEGA, aproveitando a chegada do Nadal para fomentar entre a comunidade universitaria unha mensaxe de consumo responsable e coñecer diferentes entidades e asociacións ambientalistas.

Durante toda a xornada poderás participar en:

  • Obradoiro de libretas 2 caras 2 usos
  • Exposición A Pegada Ecolóxica
  • Mercadiño de troco
Trae os teus Libros, Roupa e Accesorios e volta a casa con uns novos!!
Contaremos con puntos de recollida de:
  • Móbiles
  • Roupa e xoguetes
  • Aceite usado
Participa doando as cousas que xa non che serven!!  

Haberá obradoiros gratuitos durante a xornada:
  • Cosmética natural
  • Reutilizamos caixas de froita e botellas 
  • Creación de adornos de Nadal con refugallos ü  Ergonomía e mantemento da bici
Consulta horarios no blog da OMA, e inscríbete en oma3@udc.es
Ademais, contaremos coa proxección de Fíos Fora, documental que fai un novelo do sector téxtil en Galiza e no extranxeiro, antes e agora.http://fiosfora.gal/

Algunhas das entidades participantes que poderás coñecer son: ADEGA, Enxeñería sen fronteiras, Arquitectura sen fronteiras, Mulleres colleiteiras, Mobi-Liza, Espiga, Grupo Naturalista Hábitat, CEIDA, Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC, Mar de Mares, Equus Zebra, Mobilizate pola Selva.

Esperámoste o día 1 de decembro na Facultade de Ciencias da Comunicación e Socioloxía, en horario de 11 a 18 horas!!

Ven e participa!! Máis información no blog na OMA, Facebook e Twitter.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal