ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Xornadas ´A compostaxe: experiencias...

Do 27-11-2015 ao 28-11-2015

Xornadas ´A compostaxe: experiencias prácticas´

Xornadas “A COMPOSTAXE: EXPERIENCIAS PRÁCTICAS”

No marco da Semana Europea da Prevención de Residuos, estas xornadas pretenden ser un espazo para partillar experiencias en torno a redución e prevención de residuos, usando como ferramenta a compostaxe caseira e comunitaria.

Todos os proxectos son viábeis en calquera concello da Galiza, polo que estas xornadas son de especial interese para responsábeis municipais.

Neste foro asistirán expertos en residuos da Galiza e outras zonas do estado como Euskadi e Catalunya. Persoas e entidades cunha ampla experiencia na implantación de proxectos compostaxe caseira e comunitaria.

Programa

Venres 27 de novembro. Salón de actos da Deputación de Lugo

10:00h  Presentación das Xornadas

  • Deputación de Lugo
  • ADEGA
10:15h  Conferenza inaugural: novidades na xestión de residuos: Ramón Plana, mestre compostador

11:00h  Pausa: café ecolóxico e de comercio xusto coa Cova da Terra

11:30h
  Mesa redonda. Experiencias  de compostaxe en concellos:
  • Resultados do Porta a Porta. Secundino García, Alcalde de San Sadurniño
  • Compostaxe no horto infantil ecolóxico. Evencio Ferrero, Alcalde de Carballo
  • Compostaxe caseira e comunitaria. Xosé Romero, Técnico de medio ambiente de Allariz
  • Compostaxe comunitaria en Navarra. Joseba Sánchez, Vermican  
13:15h Videoconferenza: Experiencias de compostaxe. Gemma Nohales Agència d’Ecologia Urbana de Barcelona     

14:00h
Xantar: petiscos ecolóxicos coa Cova da Terra

16.00h Mesa redonda e debate: experiencias de compostaxe
  • Compostaxe nos comedores universitarios da UDC. María R. Lafuente, ADEGA
  • Compostaxe de restos de parques e xardíns. Gregorio López, Concello de Compostela
  • Compostaxe de algas e restos de peixe. Marta Illera, USC campus de Lugo  
Sábado 28 de novembro. Mancomunidade do Barbanza
(Lousame) e Luou (Teo)
 

Visitas á experiencias de compostaxe. Saída ás 9.30h da Avda Ramón Ferreiro (frente ao antigo Maxisterio de Lugo)
  • Planta de compostaxe da Manc. de concellos Serra do Barbanza
  • Fogar do Santiso*: máquina de compostaxe na hostelaría
  • Charla de compostaxe e uso de compost en horta ecolóxica: María R. Lafuente, ADEGA; Marcos Besada, A Estruga  

*Opción de xantar ecolóxico no Fogar do Santiso por conta propia Durante todas as xornadas estará instalada a

Exposición sobre a compostaxe
(11 rollers + 1 composteiro)  

Organiza: ADEGA; Financia: Deputación de Lugo

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal