ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Homenaxe a Leopoldo López Rego na Eira da...

28-09-2013

Homenaxe a Leopoldo López Rego na Eira da Xoana

A figura de Leopoldo

Leopoldo López Rego

Leopoldo López Rego foi un home adicado durante a súa vida á Defensa da Terra, acompañando sempre aos máis desfavorecidos na loita en contra dos abusos dos poderosos que agradiron social e medioambientalmente ó noso país. Sirvan de exemplos:

  • Expropiación nas Encrobas por Fenosa.
  • Encoro de Portodemouros.
  • Roubos da praia de Baldaio aos veciños e veciñas.
Programa:

Ás 14 horas: xantar de convivio.
Ás 17 horas: comezo da homenaxe.

Haberá exposición de fotos, víedos e distintos materiais na lembranza da vida e loita de Leopoldo. Repartirase unha sinopse biográfica e un relato curto inédito escrito por el.

Bautizo das burriñas

As burriñas da Eira

Lembrade traer pan duro e/ou mazás para as burriñas da Eira da Xoana. Ide pensando en posibles nomes para poder oficiarlles un «bautizo».


Para máis información sobre as diferentes actividades podes contactar con Marcial 638 47 53 22 ou Pepe Salvadores 659 68 33 84.
Tamén no correo eiradaxoanadega@gmail.com








Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal