Inicio / Axenda / Outras actividades / VIII Feira na Eira da Xoana
08-11-2015
O vindeiro domingo 8 de novembro terá lugar na Eira da Xoana a Feira de Outono da Eira na que se poderán mercar produtos locais, ecolóxicos e artesanais e onde haberá ademais obradorios, charlas, actuacións musicais, etc.
Esta será a VIII edición dunha Feira que pretende potenciar o comercio local e de proximidade, dar a coñecer produtores/as e artesáns respectuosos/as co medio e promover o consumo responsábel e sostíbel.
Tamén é unha xornada de divulgación sobre proxectos relacionados co ambiente e o consumo sostíbel que se están a desenvolver polo país, así como un encontro da cultura e música populares.
Como novidade, incorporamos nesta edición un posto de troco para intercambiar aquelas cousas que xa non uses, e que lle poidan interesar a outras persoas.
Lembra que poderás xantar na Eira da Xoana por un módico prezo, previa merca dos tikets de consumición.
Se queres levar o teu posto de venda á Feira da Eira, debes cubrir un formulario de inscrición.
Obtén información do programa completo en eiradaxoana.gal
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal