ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Xornadas de asistenza e estudo dos...

Do 03-09-2015 ao 04-09-2015

Xornadas de asistenza e estudo dos mamíferos e réptiles mariños

A Rede de Varamentos de Galiza está baixo responsabilidade da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galiza através do SERVIZO DE FORMACIÓN E APOIO AOS VARAMENTOS DE RÉPTILES E MAMÍFEROS MARIÑOS EN GALICIA NO ANO 2015, que é executado pola CEMMA.

Este ano preténdese contribuír á mellora dos compoñentes e colaboradores da Rede de Varamentos de Galiza mediante un curso de formación na asistencia ás tartarugas e mamíferos mariños que aparecen varados nas nosas costas e precisan de asistencia, ben sexa a aqueles animais que aínda están vivos e son susceptíbeis de rehabilitación ou reintroducción, ben sexa aos animais que lamentablemente xa están mortos e sobre os que é preciso a recollida de información, de altísimo valor científico, así como labores de asesoramento e colaboración para a retirada dos seus corpos.
O curso farase neste mes de setembro na Coruña e Lugo.

Na Coruña o curso  terá lugar os días 3 e 4 de setembro de 10:00 a 14:30 hrs. nas instalacións do CEIDA en Oleiros e que será impartido por técnicos da CEMMA.

Na primeira xornada terá lugar unha exposición teórica sobre a identificación das especies e a asistencia aos varamentos e na segunda terá lugar unha experiencia práctica sobre os labores de rescate e observación no mar destas especies.      

A xornada dura só as catro horas e media da mañá do día 3 e será repetida ao día seguinte co mesmo horario para facilitar o acceso de persoal en servizo. As persoas que se inscriban deberán sinalar qué día prefiren asistir para preveer aforo.
É preciso facer a inscrición, gratuíta, no correo: conservacion.co@xunta.es

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal