ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Obradoiro de iniciación á...

29-08-2015

Obradoiro de iniciación á gravación de vídeo dixital

Sábado 29 de agosto: Obradoiro de iniciación á gravación de vídeo con cámaras réflex, compactas ou móbiles

Aprenderemos os conceptos teóricos necesarios sobre o mundo audiovisual e practicaremos no manexo de equipo para a gravación de video e son.

Para participar no curso é necesario que cada aluno/a traia algún dispositivo de gravación de vídeo: cámara réflex, compacta ou móbil.  

Actividade impartida pola Asociación Enfócame de Melide.

As prazas son limitadas a 10 persoas. A inscrición ten un caracter obrigatorio para o obradoiro e opcional para o xantar pois tamén podes traer o teu.

O custo da actividade será de 12 €.


PROGRAMA:

11.30 h => Encontro na Eira para recibir á xente e inicio da primeira parte teórica.
14.30 h => Xantar na Eira.
Haberá xantar por unha aportación solidaria de 8 €. Lembra que se prefires tamén podes traer o teu xantar.
16.00 h => Continuaremos coa parte práctica.

18.00 h => Remate da actividade.


NOTAS: Este obradoiro terá continuación no seguinte de “Edición básica de video” que organizaremos no mes de outubro.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal