ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Son d´Aldea na comarca da Ulloa

Do 06-09-2013 ao 07-09-2013

Son d´Aldea na comarca da Ulloa


Aproxímase unha nova edición do Son d’Aldea, organizada pola Asociación cultural e de veciños o Parzamique e por Arqueixal. Coma en anos anteriores e, en apoio á organización, acudiremos de seguro e coma mínimo, o sábado día 7 ás diferentes actividades programadas: roteiro teatral, xantar na aldea, xogos populares, mostra de oficios, e romaría tradicional. Para os/as que nunca participárades, Son d’Aldea consiste e permite unha aproximación ás coordenadas sociais e culturais do rural no pasado, e dunha reflexión sobre novas vías de ruralidade no presente. Un recoñecemento á súa riqueza e á súa heteroxeneidade a través dun espectáculo teatral que transita por diferentes escenarios e que ofrece unha visión de diversos oficios; dun Xantar con produtos elaborados por xente que traballa no rural na actualidade e dunha Romaría Tradicional que pechará este evento.

É IMPRESCINDÍBEL ANOTARSE. AS PRAZAS SON LIMITADAS. Para máis información sobre a oferta de actividades deste ano e dos prezos das inscricións, consulta a web Son d´Aldea.

Lembrade traer pan duro e/ou mazás para as burriñas. Ide pensando en posibles nomes para poder oficiarlles un «bautizo». Para máis información sobre as diferentes actividades podes contactar con Marcial 638 47 53 22 ou Pepe Salvadores 659 68 33 84.
Tamén no correo eiradaxoanadega@gmail.com

PROGRAMA
:
10:00  RECEPCIÓN
10:30  ROTEIRO TEATRAL (novos escearios)
14:30  XANTAR NA ALDEA 17:00 XOGOS POPULARES POR XOTRAMU E MOSTRA DE OFICIOS ARTESÁNS E ARTESANÍA ALIMENTARIA.
19:00  MAXIA: DAVID MÉNDEZ.
20:00 ROMARÍA: CONCERTO "A BANDA DA BALBINA" E AGRUPACIÓN MUSICAL BUXAINA

ANTES DO 1 DE SETEMBRO: 25€            
DESPOIS DE 1 DE SETEMBRO: 30€   
PREZO ÚNICO PARA FAMILIAS NUMEROSAS (5 OU MÁIS MEMBROS): 100€ 

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal