ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Feira de primavera da Eira da Xoana

07-06-2015

Feira de primavera da Eira da Xoana

Nesta xornada, celebraremos a  VII edición das Feiras na Eira da Xoana, na que:

  • Participarán diferentes agricultores/as e artesáns/ás con produtos moi variados: iogures, queixos, marmeladas, hortalizas, verduras, plantas, produtos de hixiene e cosmética natural, artesanía variada… son só unha pequena mostra das cousas que poderás atopar na leira da Eira da Xoana este día dende as 11.30 ata 19.00 ou 20.00 horas.
  •  
  • Haberá bebidas e xantar por unha aportación solidaria: polbo, callos…
  • Contaremos con animación musical e diferentes actividades das que en breve informaremos.
– Se te animas a participar na feira con algunha actuación musical ou con outras propostas, fainos chegar un email para poder ir organizando a programación.

– Se es produtor/a ou artesán/á e queres colocar o teu posto na feira, podes descargar información que quizais che interese nos seguintes enlaces:

Programa da VII Feira da Eira da Xoana

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal