ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Roteiro arqueolóxico por Santo Estevo do...

09-05-2015

Roteiro arqueolóxico por Santo Estevo do Ermo

cartaz roteiro

ADEGA colabora na andaina que organiza a Irmandade Santo Estevo de Augas Santas pola contorna de Santo Estevo do Ermo para reivindicar a súa posta en valor e protección.

Ademais de ADEGA, colaboran tamén na promoción deste roteiro as entidades Erebia, Mariñapatrimonio, Mare Masma, Olloamo, a Irmandade de San Caetano e a Área de Cultura da Deputación de Lugo.

A ruta terá lugar o vindeiro sábado 9 de maio. A saída da andaina será ás 9.30 h. desde a Praza do Concello de Barreiros. Tras o xantar, que se celebrará ás 14.00 h. no restaurante "O que che dixen", Mariñapatrimonio (Manuel Miranda) e a asociación Erebia (Gustavo Martínez) impartirán unha charla sobre a importancia e valor de Santo Estevo e a súa precaria situación.

Para reservar praza, hai que chamar ao 679 455 109 (Ramón J. Becerra).

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal