ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Voluntariado ambiental contra as especies...

10-10-2013

Voluntariado ambiental contra as especies invasoras na Corna

A Fundación Biodiversidad  vén de seleccionar por segundo ano consecutivo a proposta de actuación de ADEGA no marco da iniciativa "Playas, voluntariado y custodia del territorio". Ademais de seguir divulgando a problemática das especies invasoras, e a importancia de conservar os ecosistemas dunares, estas accións teñen por obxectivo aumentar a concienciación cidadá, divulgar e promover iniciativas de custodia litoral e facilitar ferramentas de conservación á cidadanía. Outros dos obxectivos é acadar un mellor estado ecolóxico dos ecosistemas dunares.

A segunda xornada de voluntariado, inicialmente prevista para o 23 de xullo, trasladouse ao 10 de outubro, e será na praia da Corna (Pobra do Caramiñal), onde realizaremos un ano máis labores de eliminación de flora exótica invasora. Esta praia ten un ecosistema dunar ben conservado mais conta con numerosas ameazas que poñen en perigo  tanto a flora como a fauna. Tamén é un dos lugares da nosa costa onde podemos atopar píllara das dunas (Charadrius alexandrinus) pequena ave considerada vulnerábel en Galiza. Esta actuación dará continuidade aos traballos realizados por ADEGA no Proxecto Corna, no que alén de eliminar flora exótica invasora, realizamos unha campaña divulgativa sobre o valor deste ecosistema e a necesidade de protección da píllara das dunas, continuando cos traballos de 2012  dentro do proxecto Conservando as nosas dunas.
ADEGA abreu xa o prazo de inscrición para a xornada do 10 de outubro para a conservación dos ecosistemas dunares.
É unha actividade gratuíta onde o voluntariado contará con seguro de accidentes, alén de ter cubertos os gastos de transporte e comida. As voluntarias e os voluntarios que queiran participar poden apuntarse ou pedir información no seguinte enderezo: ramses@adega.gal   tlf: 616 238 050

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal