ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / III ENCONTRO SOLAR NA UDC. Ven a cociñar...

27-05-2015

III ENCONTRO SOLAR NA UDC. Ven a cociñar co sol!!

Encontro Solar


O próximo 27 de maio  a Oficina de Medio Ambiente (OMA) da Universidade da Coruña (UDC), ADEGA e coa colaboración do C.I.F.P de Someso celebraremos o III ENCONTRO SOLAR  na UDC.  

Se queres vir probar unha tapa degustación solar ven a buscar o teu convite á mesa da OMA durante o encontro solar (antes das dúas)  

O 27 de maio xuntaremos o maior número posible de fornos e cociñas solares en Elviña (diante do edificio Xoana Capdevielle), para cociñar e facer unha degustación de comida solar. Se xa eres cociñeir@ solar convidámoste a que veñas a cociñar con nós e traias a túa mellor receita solar para partillar. Se non tes cociña e queres experimentar podémoste prestar unha.   Se queres aprender a cociñar co sol, podes construír o teu forno solar seguindo estas instrucións http://www.edu.xunta.es/centros/cifpsomeso/node/770    

Para organizar mellor a xornada pedímosche que cubras o seguinte
 formulario. 

Previa inscrición, terás opción a participar nas visitas programadas.  Se tes calquera duda podes enviar correo a oma3@udc.es.  

Encontro Solar pretende ser un espazo de participación que divulgue as aplicacións da enerxía solar na vida cotiá e fomente o seu uso. Nesta mostra realizaranse diversas actividades que pretenden crear unha nova cultura enerxética que incida na redución e na eficiencia do consumo. Un cambio de comportamento preciso, encamiñado a mitigar o cambio climático.      


Programación

A programación da edición 2015 será: 

  • 10:00h Montaxe dos fornos, cociñas e exposición. Comezamos a cociñar.


  • 11:30h Introducimos a comida nos fornos e cociñas.


  • 11:30 h Visita a cuberta fotovoltaica do CITIC guiada por  Jesús Manuel Giz Novo (Técnico Superior de Mantementos da UDC). O punto de encontro será a mesa da OMA no encontro solar.



  • 14:30h Xantar colectivo* e degustación de comida solar.


  • 16h Recollemos
  

  *Para participar no xantar é imprescindible anotarse e cociñar. 

**Ao longo de toda a xornada haberá unha mesa de experimentación e aprendizaxe de enerxía solar. 

Máis información: 

Encontro Solar 2014 no C.I.F.P 
Crónica Encontro Solar 2014 da OMA

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal