ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Obradoiro de construción de fornos solares

08-04-2015

Obradoiro de construción de fornos solares

O próximo 8 de abril celebrarase na UDC un obradoiro de fornos solares a partir de caixas de cartón, ónde cociñar alimentos coa enerxía do sol.Cada vez é máis necesario aforrar enerxía tanto por razóns ecolóxicas como económicas, e deste xeito poderemos ser un pouco máis autosuficientes.

Este obradoiro será impartido por Juan Bello, experto en cociña solar, e profesor do departamento de edificación e obra civil do CIFP Someso. En horario de 10-13h no edificio LERD. 

Para asistir ao obradoiro téndesvos que inscribir no correo oma3@udc.es e tamén traer unha caixa de cartón cunhas dimensións aproximadas de 60x60 cm e unha altura entre 25-30cm, ademais de cartóns para facer o illante.

O obxectivo deste obradoiro é construír un forno que poidamos utilizar para cociñar, e que nos propomos estrear o día do ENCONTRO SOLAR  que será o 22 de abril.
É dicir, o 8 de abril construímos o forno e o 22 de abril organizaremos un encontro de cociñeiras e cociñeiros solares onde degustaremos os diferentes pratos solares!

Crónica do encontro solar do ano pasado 
e as fotos .

Participa este ano e ven a prepararte ao obradoiro, así poderás cociñar con nos!!

Data: 8 abril
Horario: 10-13h
Lugar: LERD 
Prazas limitadas:20
Inscrición en oma3@udc.es

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal