Inicio / Axenda / Outras actividades / II Aturuxo pola Terra na Eira da Xoana
28-03-2015
Diferentes actos literarios e musicais encherán de actividade este día de festa adicada á Terra con motivo da chegada da primavera.
PROGRAMA:
11.30 h => Prensentación do libro “As Pontes do Ulla” pola Asociación Raiceiros.
Unha edición que pón de manifesto o proxecto cultural realizado sobre as pontes do río Ulla que consiste na catalogación e descrición das diferentes pontes e pasos que cruzan o río dende o seu nacemento ata a desembocadura na Ría de Arousa. Este libriño, ilustrado con moitas imaxes, complementa outras iniciativas realizadas pola asociación.
A destacar: unha exposición de paneis divididos en catro partes como o río (A Ulloa, entre A Ulloa e a Ulla, A Ulla e O Ullán), e un xogo de mesa con preguntas relacionadas coa cultura, natureza, gastronomía e arquitectura dos 19 concellos polos que pasa o río e sobre o país en xeral.
12.00 h => Roteiro polas pontes, portos e pasos do río.
14.00 h => Xantar de convivio. Cadaquén traerá o seu para compartir entre tod@s @s compañeir@s.
16.30 h => Inicio do ATURUXO Á TERRA: festa con música e poesía para celebrarmos a entrada da primavera.
19:30 h => Fin da actividade.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal