ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Charla-Obradoiro sobre alimentación...

16-03-2015

Charla-Obradoiro sobre alimentación saudable na UDC

O obxectivo desta actividade é coñecer a facilidade e posibilidade dun cambio de menú tradicional por un menú ecolóxico e saudable, e observar e analizar o etiquetado da comida para entender a súa lista de ingredientes, saber interpretar o seu “valor nutricional”, valorar de que zona do mundo proceden, entre outras.
A xornada formativa comezará ás 17.30 da tarde cunha charla informativa a cargo de Beatriz Ferreira(directora da Escola Infantil Municipal A Caracola) quen explicará como decidiron mudar o menú do comedor por un menú ecolóxico e de comercio de proximidade.
A continuación, ás 18:30 terá lugar o obradoiro sobre o etiquetado dos produtos a cargo de Silvia Méndez(Bióloga, profesora, redactora, alquimista na cociña, especialista en nutrición e metabolismo e fundadora de V de Vegetal) no cal aprenderemos a interpretar o etiquetado dos produtos que habitualmente consumimos na nosa alimentación.
É importante que vos inscribades no correo oma3@udc.es escribindo o voso nome completo e DNI xa que as prazas serán limitadas.
Cada participante deberá traer un alimento para interpretar a etiqueta.

Ligazóns

Descargas

Audios

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal