ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Xornada de eliminación de flora...

18-03-2015

Xornada de eliminación de flora exótica invasora na UDC

O obxectivo desta actividade é o coñecemento das especies exóticas invasoras (EEI). Este tipo de flora fai que se perda unha gran parte da biodiversidade da nosa contorna. 

Esta xornada de traballo comezará cunha charla introdutoria sobre a problemática no salón de actos da facultade de ciencias ás 15:30h, ao remate sairemos ao Monte da Fraga para comezar co traballo que rematará sobre as 18:30 aproximadamente. 
Animádevos a participar, precisamos a vosa colaboración! É importante que vos inscribades no correooma3@udc.es escribindo o voso nome completo e DNI para que poidamos preparar a ferramenta.
No caso de non poder asistir á xornada completa, e queredes participar un tempo limitado, tamén podedes facelo enviando un correo indicando a vosa dispoñibilidade.

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal