Inicio / Axenda / Educación ambiental / Obradoiro de caixas-niño na UDC
04-02-2015
A actividade consistirá na construción de refuxios que lles poidan servir de acubillo e lugar de cría a moitas especies, en especial paxaros e morcegos, nestes duros días de inverno.
A xornada comezará ás 11 da mañá cunha pequena charla informativa a cargo de Ramsés Pérez de ADEGA e de Cosme Damián Romay experto ornitólogo. A continuación terá lugar o obradoiro no taller de maquetas. Unha vez feitas as caixas procederemos a penduralas nas árbores do campus e posterior seguemento.
A tala dos bosques autóctonos e a substitución por monocultivos, así como a retirada das árbores vellas dos montes, ten entre outras consecuencias, a desaparición de multitude de buracos necesarios para que moitas especies de animais nidifiquen ou se refuxien. A construción de caixas niño e outros abrigos para a fauna (paxaros, mamíferos, anfibios...) contribúe a paliar este impacto favorecendo á biodiversidade.
Por outra banda a construción de refuxios contribúe a reutilización. Para elaborar unha caixa niño ou calquera outro refuxio non se precisan grandes investimentos, nin ferramentas sofisticadas, nin mercar madeiras que contribúan a tala de máis árbores. Con esta actividades podemos dar uso a unhas vellas táboas empregando a ferramenta habitual.
Charla: Aula especial II (planta +1)
Obradoiro: Taller de maquetas (planta -1)
Prazas limitadas a 20 persoas.
Inscricións en: oma3@udc.es
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal