ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Xornada sobre a compostaxe en Ferrol

04-12-2014

Xornada sobre a compostaxe en Ferrol

A delegación de Ferrolterra de ADEGA organiza unhas xornadas sobre compostaxe o vindeiro día 4 de decembro. A cita será na AVV de Canido ás 20h.

A compostaxe a nivel domestico ou comunitario é a solución máis ecolóxica, razoábel e económica para os residuos orgánicos do fogar, combinada no seu caso coa alimentación animal. Como se explicará detalladamente nesta xornada, as familias galegas poden solucionar o problema da maior parte do lixo mediante a compostaxe caseira.

Cos restos das podas e do xardín, os restos de comidas ou de vexetais elabórase compost, que a súa vez é un excelente fertilizante orgánico para os cultivos.

Na xornada intervirá María R. Lafuente, vogal de resíduos de ADEGA e se o tempo o permite poderémonos achegar ate un composteiro para comprobar in situ como funciona esta técnica.

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal