ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / 4º Seminario de compostaxe caseira e...

Do 14-11-2014 ao 15-11-2014

4º Seminario de compostaxe caseira e comunitaria de Composta en Rede

Esta semana, os días 14 e 15, ADEGA vai participar en Vitoria no 4º seminario de compostaxe caseira e comunitaria organizado por Composta en Red, rede da cal facemos parte.

O obxectivo desde seminario é facer un seguemento dos distintos proxectos de compostaxe caseira e comunitaria que están a funcionar dentro e fóra do estado. A temática desta edición é “Tecendo redes: a compostaxe a ambos lados do Atlántico”

O venres 14 ADEGA presentará neste os novos proxectos de compostaxe na Galiza baixo o título “Educación ambiental e xestión de residuos”. Integrantes da Comisión de Residuos de ADEGA asistiremos a este seminario co obxectivo de coñecer experiencias innovadoras en canto a xestión de residuos susceptíbeis de ser aplicadas na Galiza.

Aproveitando a nosa estancia en Euskadi tamén visitaremos unha pequena planta de compostaxe en Lapatx e o sistema de recollida selectiva  porta a porta en Hernani. Este concello xa participou nun foro organizado por ADEGA e agora teremos a oportunidade de visitar o proxecto.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal